FacebookTwitter

Pescados Pulponor, S.L.

Pescados Pulponor, S.L.

Cooperativa centrada na distribución de produtos conxelados, sendo o polbo a súa especialidade.

Contan cunhas instalacións frigoríficas adaptadas para garantir a presentación e a calidade dos produtos.

A fórmula cooperativa recolle a idea do seu negocio: un proxecto de autoemprego baseado na igualdade, a responsabilidade, a solidaridade, a democracia e a axuda mútua.

"Temos como obxectivo cubrir os nosos servizos sempre da forma máis eficiente e con garantías de calidade."

Buscan sempre a constante innovación así como xerar ideas orientadas á colaboración no desenvolvemento do negocio dos clientes, obtendo con isto a máxima rendibilidade tanto de tempo como económica.

Ofrecen tamén un servizo de organización de eventos para particulares e hostalaría con contratación de pulpeira/o, carpa, etc. para calquera acto social: comidas de empresa, festas, vodas, celebracións, etc.

Pulponor S. Coop. Galega é o distribuidor oficial exclusivo de "pulpo de lonja", un proxecto de comercialización conxunta do polbo das lonxas de Fisterra, Lira, Muros, Porto do Son, Corcubión e O Pindo