FacebookTwitter

Conservas Los Peperetes

Conservas Los Peperetes (online)

O proceso de elaboración de Conservas Los Peperetes apenas mudou dende os seus comezos en 1990, sendo moi similar ao utilizado polos seus bisavós, pioneiros no envasado de conservas de berberechos e mexillóns en Galicia.

As salsas que elaboran, proceden de receitas que perduraron no tempo na súa familia. Receitas caseiras, elaboradas en pequenos potes con produtos locais de primeira calidade e específicas para cada produción.

O seu obxectivo é ofrecer unha conserva da mellor calidade, á altura dos padais máis exquisitos.

O proceso comeza cunha rigorosa selección da materia prima, escollendo só produtos frescos na súa tempada óptima de consumo, abastecéndose nas mellores lonxas galegas dos peixes e mariscos coas mellores calidades e tamaños.