FacebookTwitter

Noaru Gourmet

Noaru Gourmet

Noaru Gourmet é unha tenda de alimentación e degustación de produtos de alta gama.

Ofrecen produtos de proximidade e elaboración artesanal, entre os que non podían faltar as conservas de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal galega.

No seu establecemento, situado na Rúa Real de Ares, podemos degustar conservas gourmet de marcas como La Curiosa e Los Peperetes, que contan con selo pescadeRías de onde se non?. Os fins de semana tamén ofrecen berberecho e camarón procedentes de lonxas locais, como a de Barallobre.

Teñen previsto poñer en marcha unha tenda online nun futuro inmediato.