Gastrotaberna Churruca

- Gastrotaberna Churruca
- Rúa Baldosa, 11 36600 Vilagarcía de Arousa Pontevedra
- 986198622
- info@gastrotabernachurruca.es
- http://www.gastrotabernachurruca.es/
Este renovado local nace da man dun cociñeiro que, despois de traballar fóra da súa terra, decide volver á casa, en Vilagarcía de Arousa, co propósito de relanzar, se cabe máis, a cociña de produto. O modelo que nos propón é o dunha taberna gastronómica, co fin de darlle un enfoque diferente, moderno e renovado ao produto que temos nas nosas terras e mares.
O local está situado en pleno centro neurálxico do pobo, nunha antiga casa de máis de 100 anos, que nos seus tempos foi a Taberna Xesteira. A súa decoración combina o movemento retro e industrial, acompañado da nosa pedra galega, obtendo como resultado un local moderno e de deseño.