FacebookTwitter

A Casa do Peixe

A Casa do Peixe

O restaurante A Casa do Peixe é o resultado dun proxecto que pretende poñer en valor o produto autóctono e a cultura mariñeira da Costa da Morte, especialmente da zona de Muxía. A súa localización ao lado da praia da Cruz e do porto deportivo, cunha ampla zona de paseo marítimo fronte ao restaurante, permite desfrutar dunhas marabillosas vistas.

Dispoñen de capacidade para 97 comensais e ampla terraza para 50 comensais en verán, ademais de aparcadoiro.

No seu restaurante realizan diversos tipos de accións de divulgación da cultura mariñeira, como exposicións semestrais relacionadas con Muxía e a súa historia e cultura mariñeira, exposición de congro seco en vitrina e xornadas dedicadas ao congro seco.