FacebookTwitter

El Mosquito

El Mosquito

Desde a súa apertura en 1930 como taberna mariñeira o restaurante foi collendo forma grazas á popularidade da súa cociña que soubo manter a tradición con ingredientes frescos de carácter local e sinxela preparación.

Situado no Casco Vello de Vigo, un dos seus principais obxectivos é conseguir unha contorna cómoda para ocasións especiais, tanto reunións familiares como de empresa.

Actualmente a nova familia Belo Iglesias faise cargo de dar continuidade ao restaurante, mantendo con rigor e respecto os costumes e tradicións do local co máximo celo profesional.