FacebookTwitter

Fogar do Santiso (Lapamán)

Fogar do Santiso (Lapamán)

Restaurante de cociña ecolóxica, local e de tempada con especialidade en pescados e mariscos das lonxas de Aldán e Bueu.

O Fogar do Santiso Lapamán, situado na terceira Praia mais visitada de Galicia, está ubicado nun antigo chiringuito remodelado cunha enorme terraza cuberta con vistas á ría.

Unha proposta para por en valor o producto ecolóxico local galego e a cultura labrega galega, cun modelo baseado en cociña nas brasas no que case a totalidade do produto é de producción propia ecolóxica e de tempada.