FacebookTwitter

Restaurante San Francisco

Restaurante San Francisco

Situado no corazón da vila mariñeira de Malpica de Bergantiños, en plena Costa da Morte, no Restaurante San Francisco contan cun un comedor con vistas ás Illas Sisargas no que poderás degustar os mellores mariscos e peixes con receitas tradicionais.

As súas materias primas proceden da lonxa local, sempre da pesca artesanal.

Tamén ofrecen unha área de picoteo para degustar racións de comida caseira galega, sempre cun marcado carácter mariñeiro.