FacebookTwitter

Curral do Marqués

Curral do Marqués

O Curral do Marqués é un espazo alternativo no Barbanza en canto á súa proposta culinaria cambiante e á orixinalidade do local en si.

Taberna tradicional posta ó día cunha carta pequena de produto local e de Km 0 feita de maneira actualizada, persoal e de autor.

Xoga con produtos de temporada tanto do mar coma da terra buscando sempre as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas.

Cabe destacar a súa ampla terraza no xardín ó aire libre para desfrutar no verán e nos días soleados do inverno.