FacebookTwitter

CasAlexo

CasAlexo

CASALEXO é un lugar de encontro, de tapeo e viños, de comidas compartidas, conversacións e noites de alegría.

A súa é unha cociña sinxela, fresca, de tempada e sen complicacións, apegada ao produto e aos sabores da terra e do mar, que cada día atopan no mercado, completada cunha coidada e variada adega, cunha selección de viños de distintas procedencias.

Se crees que o verdadeiro luxo está no auténtico, no xenuíno, no ambiente acolledor e familiar, CASALEXO é a túa casa.