FacebookTwitter

A Gabeira

A Gabeira

O restaurante A Gabeira conta con 4 comedores privados con capacidade para 60 comensais.

Salóns para banquetes e todo tipo de celebracións e eventos, presentación de produtos, etc., con posibilidade de instalación de proxectores e outros dispositivos.

Ten aparcamento propio e terraza na que desfrutar ao aire libre.

O seu chef Miguel Ángel Campos pertence á cuarta xeración dun restaurante inaugurado en 1.923. Tomou o mando do mesmo en 1.995, facendo del un restaurante de referencia na comarca de Ferrol.

Aínda que segue as novas tendencias, aplícaas con certa mesura, con humildade, con respecto ao produto e especialmente ao cliente.