FacebookTwitter

Josefa's Bar

Josefa's Bar

Orixinal proposta en Ferrol con "cociña da avoa". Así a definen na súa web: "Eu sempre fixen a comida de toda a vida, o que me ensinaron a miña nai Maripepa e a miña avoa Marica. Vexo que agora vos gustan outras cousas e intento adaptarme. Un día o meu neto Marquiños pediume un kebab. Como non sabía moi ben que levaba púxenlle polbo e gustoulle moito.Os meus netos Daniel e Andrea naceron en Londres e alí viaxei para coidalos. Rosiña lévome a un restaurante, comín pizza e gustoume moito. Cando volvín a casa fíxenlla a Aurelio e non lle gustou nada, díxome que lle botase sardiñas e así si que lle gustou moito."