FacebookTwitter

Restaurante Mar Viva

Restaurante Mar Viva

A Peixería Mar Viva é unha iniciativa de vangarda onde se reúnen o mellor do mar e as mellores elaboracións culinarias da cociña galega nun único local. Selecciona o teu peixe na peixería, pide que o cociñen para ti e escolle a forma de preparación. Elixe a guarnición que máis che guste e goza do mellor dos nosos mares na sala de degustación, contemplando as estupendas panorámicas da Costa da Morte.

A súa filosofía é sinxela: Unha boa materia prima, tratada con delicadeza para obter un produto da máis alta calidade.