Introducción
Javier Rodríguez Ponte (Taky), Xefe de cociña de Catering Boketé de A Coruña e membro do grupo Nove ofrécenos esta receita.
Elaboración
Picar as vieiras pescadeRías en daditos non moi pequenos. Poñelas nunha cunca xunto co zume de limón e deixar actuar 5 min. Ata que empecen a cambiar de cor e volverse esbrancuxadas. Salpimentar, engadir o ceboliño, o zume de mandarina, 1 pemento de herbón finamente picado e un chorro de aceite de oliva. Mesturar ben, repousar outros 5 min. E servir directamente na súa mesma cuncha escorrendo o líquido sobrante. Completar con 2 rebandas moi finas de pemento sen sementes.