FacebookTwitter

Striped seabream

Striped seabream

É un peixe óseo de tamaño mediano, comestible e apreciado. O seu corpo é alongado e comprimido; o fociño é puntiagudo e moi protuberante. Ten dous tipos de dentes: varias filas de incisivos puntiagudos na parte dianteira; varias filas de molares na parte traseira, máis grandes cara ao interior da boca. A súa cor é dun gris amarelado brillante, cun dorso máis escuro; os flancos teñen 14 bandas transversais escuras de intensidade variable; as aletas son amareladas. Pode alcanzar ata 55 cm de lonxitude.

Vive en zonas costeiras areosas ou lamacentas, ata os 20 metros de profundidade. É un peixe carnívoro que se alimenta de vermes e outras especies que habitan na lama, moluscos e pequenos crustáceos.

É un peixe ovíparo que desova en augas abertas. Como outros da súa especie, é hermafrodita: nace macho e convértese en femia a medida que madura. Alcanza a madurez sexual arredor dos dous anos de idade (15 cm).

Details of species

  • FAO code: SSB
  • Scientific name:Lithognathus mormyrus
  • Galician name: Ferreira
  • Spanish name: Herrera
  • Biological group: Peixes
Striped seabream
  • Minimum size: 20 cm
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal