Twait shad
Ilustrador/a: Elisabet García Aires
Corpo moderadamente alto e comprimido. Ao longo do ventre hai unha fileira de escamas que forman unha quilla. A cor do dorso é escura e o ventre prateado. Posúe unha marcada mancha escura detrás da abertura branquial e unha serie de manchas máis pequenas a continuación da anterior. A lonxitude máxima é de 50 cm.
Esta especie forma bancos e realiza importantes migracións. Habita no mar en augas profundas e remonta os ríos para realizar a posta. Aliméntase de pequenos crustáceos e peixes. Durante o remonte dos ríos non se alimenta. Reprodúcese na primavera e principios do verán. Distribúese no Atlántico norte, dende as costas escandinavas ata Marrocos e no Mediterráneo occidental.
Details of species
- FAO code: TSD
- Scientific name:Alosa fallax
- Galician name: Alosa
- Spanish name: Alosa
- Biological group: Peixes
- Minimum size: 30 cm
- Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal