FacebookTwitter

Axillary seabream

Axillary seabream

O pancho bicudo ten un corpo alongado e algo comprimido. É de cor rosada por riba, prateada por baixo e ten unha pinta negra na base das aletas do peito. A parte interna da boca é de cor laranxa intensa. O perfil superior da cabeza está deprimido á altura dos ollos, que son dun tamaño medio. Reprodúcese durante os meses de xullo e agosto, alcanzando a madurez sexual cando ten entre un e dous anos de vida (13 - 18 centímetros). Pode acadar ata 35 centímetros de lonxitude, aínda que o normal está entre 20 e 25.

Vive en fondos areosos e lamacentos, en grupos, entre 20 e 100 metros de profundidade, aínda que se poden atopar exemplares novos cerca da costa.

Captúrase ao palangre, ao trasmallo e ao arrastre, pero tamén é común pescalo coa arte do cerco, xa que vive en bandadas preto da costa.

É un peixe "de ración", ideal para tomar enteiro. É moi recomendable ao forno (para o que haberá que xuntar varios), fritido ou ben asado nunha grella de lume equilibrado. Coma ao resto dos espáridos (sargo, ollomol, pancha...), pódeselle engadir, unha vez grellado, un rustrido que lle dea un toque definitivo e que evite que reseque.

Details of species

  • FAO code: SBA
  • Scientific name:Pagellus acarne
  • Galician name: Pancho bicudo
  • Spanish name: Aligote
  • Biological group: Peixes
Axillary seabream
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal