Poor cod

É similar á faneca, pero diferénciase desta no seu corpo, que é máis alongado e non presenta a mancha negra na base da aleta peitoral. Ao igual ca a faneca, posúe unha barbicha na queixada inferior, que é, pola súa vez, máis pequena ca a superior. Presenta, así mesmo, unha liña lateral menos curvada ca a da faneca. A cor do dorso é marrón, cos costados máis claros e co ventre prateado. Pode acadar os 26 centímetros, pero raramente pasa dos 20. A súa reprodución realízase de febreiro a maio.
Aínda que se pode atopar no mesmo ambiente ca a faneca, son máis oceánicas ca estas, chegando aos 300 metros de profundidade. Captúrase con trasmallo, liña e volanta durante todo o ano
Non só se capturan xunto coa faneca, senón que, na cociña, ten as mesmas solucións. Resulta máis saboroso e delicado ben frito, tanto que os máis entendidos chegan a preferilo á propia faneca.
Details of species
- FAO code: POD
- Scientific name:Trisopterus minutus
- Galician name: Fodón
- Spanish name: Capellán
- Biological group: Peixes

- Minimum size:
- Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal