FacebookTwitter

Red mullet

Red mullet

Posúe unha cabeza afiada e dúas aletas no dorso separadas entre si. A súa cor habitual é a branca, con chispas vermellas. Pode diferenciarse do salmonete de rocha en que, polo xeral, é máis pálido e ten o rostro case vertical e tamén porque non ten bandas amarelas, como é o caso do da pedra. Tamén ten barbas coa mesma función ca no de rocha. O seu talle habitual está entre os 10 e 20 centímetros. Reprodúcese entre abril e agosto.

É unha especie gregaria. Habita entre os 100 e os 300 metros de profundidade en fondos de lama e area da plataforma continental. Captúrase ao trasmallo, con liña e con volanta.

Cando son pequenos, frítaos na tixola con calma e sen exceso e acompañe o prato cunhas patacas cocidas. Á grella, o salmonete é máis salmonete: fágao a lume lento, permitindo deste xeito que quede ben cocido no seu interior. No proceso, bótelle por riba un pouco de allo moi picado e obterá un matiz novo.

Details of species

  • FAO code: MUT
  • Scientific name:Mullus barbatus
  • Galician name: Salmonete de lama
  • Spanish name: Salmonete de fango
  • Biological group: Peixes
Red mullet
  • Minimum size: 15 cm
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal