FacebookTwitter

Limpet

Limpet

As lapas teñen a cuncha cónica, sen revirar, moi similar a un sombreiro chinés, e sucada por unhas costelas. Viven fortemente adheridas ás rochas, xa que o pé fai efecto ventosa. A súa cor é gris tirando a amarelenta por fóra e amarela brillante por dentro. Aliméntanse de algas.

É un recurso moi abundante aínda que polo momento pouco explotado. Algunha confraría xa conta con plan específico para a súa explotación pero na maioría dos casos intégrase nos plans de marisqueo a pé como recurso complementario cando está pechada a extracción doutras especies. Captúrase separándoas das pedras cunha navalla ou cunha rasqueta.

Ten escasa presenza na nosa cociña, fronte ao recoñecemento que se lle dá noutros países do Atlántico europeo, pero comeza a ser máis utilizada. Para introducirse no seu mundo, o mellor é cocelas con sal e loureiro e degustalas. Ollo! É unha carne dura e vaille moi ben unha conxelación previa e non pasarse na cocedura. En Camariñas cómense con arroz e teñen un sabor moi agradable.

Details of species

  • FAO code: QTV
  • Scientific name:Patella vulgata
  • Galician name: Lapa común
  • Spanish name: Lapa
  • Biological group: Gasterópodos
Limpet
  • Minimum size:
  • Measurement Method: As lapas e a peneira, mediranse pola lonxitude do seu eixe maior