Norway lobster
Ten un corpo alongado de ton rosado con zonas de coloración máis extensa. A cabeza é longa, con espiñas laterais e pinzas moi desenvolvidas.
Vive en fondos brandos, de 50 a 700 metros de profundidade, segundo a temperatura. De día agóchase entre os accidentes do fondo mariño e sae comer polas noites.
Cocidas ou á prancha é a maneira habitual de preparalas. Hai quen as acompaña de maionesa, pero os bos entendidos opinan que, sendo fresca, hai que evitar todo disfrace. Próbeas tamén en salpicón con aceite e vinagre; e para as máis fresquiñas, unha pinga de aceite, sal... e á tixola!
Details of species
- FAO code: NEP
- Scientific name:Nephrops norvegicus
- Galician name: Cigala
- Spanish name: Cigala
- Biological group: Crustáceos
- Minimum size: L. total 70 mm. L. do caparazón 20 mm. Colas de cigala 37 mm.
- Measurement Method: O tamaño da cigala medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas atao o borde distal do cefalotórax (LCT), ou desde a punta do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT). As colas das cigalas, soltas mediranse a partir do borde anterior do primeiro segmento da cola ata o extremo posterior do telson excluíndo as setae. A medición efectuarase ao longo e sen estirar (LC)