FacebookTwitter

Crassostrea gigas

Crassostrea gigas Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Sólida, de forma alongada. Valva esquerda cóncava e a dereita máis ou menos aplanada con engurras e escamas. No interior a impresión da pegada muscular é de cor morada. Vive en zonas de augas tranquilas, na parte superior da liña da marea. Tanto en lama como en rochas. Atópase dende as Illas Británicas ata Portugal e no Mediterráneo. En Galicia atópase dispersa nas Rías Baixas e en colonias en varios puntos da costa norte de Galicia.

Details of species

  • FAO code: OYG
  • Scientific name:Crassostrea gigas
  • Galician name: Ostra rizada
  • Spanish name: Ostra rizada
  • Biological group: Bivalvos
Crassostrea gigas
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe dorsoventral para a ostra e a ostra rizada