Novo restaurante adherido: A Casa de Rosa de Mazaroca

A Casa de Rosa de Mazaroca

A Casa de Rosa de Mazaroca, en San Adrián de Cobres (Vilaboa), recibe o seu nome en recordo dun pasado familiar que evoca unha forma diferente de facer as cousas, onde a hospitalidade cos de fóra e o respecto pola terra fluían dunha maneira natural. A avoa Rosa era coñecida pola súa paixón pola comida e a xenerosidade da mesa e, grazas a ela, a nosa memoria gastronómica está unida ao “bolo do pote”, ao amasado na “artesa” do “bolo de Nadal”, ás “sopas de cabalo cansado”, e a tantas outras receitas tradicionais que se propoñen recuperar.