FacebookTwitter

SUSIONS E HIJOS SOCIEDAD LIMITADA

SUSIONS E HIJOS

Somos unha empresa galega ubicada en pleno corazón das Rías Baixas dedicada á elaboración e distribución de Polbo galego conxelado.

Traballamos co Auténtico polbo procedente da illa de Ons no Parque Natural das Illas Atlánticas de Galicia.

Capturado de xeito artesanal por pescadores artesanais de Galicia e procesado de forma manual para manter a súa calidade excelente.

O noso polbo é capturado en augas do P.N. Illas Atlánticas de Galicia, concretamente, na Illa de Ons, na bocana da Ría de Pontevedra.

Na captura do Polbo de Ons, traballa a frota artesanal de baixura da Confraría de Pescadores de Bueu. É unha frota de ¿artesáns ¿ da pesca que utilizan como arte de pesca a ¿Nasa de polbo¿, artesanal e sobre todo respectuosa coa biodiversidade mariña.

Nas nosas instalacións, o polbo recén chegado da Lonxa da Confraría de Pescadores de Bueu, embólsase un a un manualmente. Só así se consegue conservar todas as propiedades do polbo e sen aditivos.