FacebookTwitter

Restaurante A'Morosa

Restaurante A'Morosa

Un lugar único situado entre o Castro de Mallou, o arenal carnotano e a primeira reserva mariña de Galicia; un lugar incomparable onde, ademais de degustar a carta que ofrecen, tamén poderás desfrutar de inmellorables vistas e pasear por paraxes naturais de extraordinaria beleza.

Dende 2009 traballan para mellorar o seu servizo día a día, innovando e coidando a súa oferta gastronómica e engadindo servizos adicionais de calidade que aporten un valor engadido ao seu establecemento. Contan cunha carta moi traballada con mariscos, peixes frescos da zona e as mellores carnes así como unha ampla selección de viños.

Salón-comedor ten cristaleiras, fío musical e impresionantes vistas; unha zona de bar, cafetería e pub; unha ampla terraza exterior acondicionada; aparcamento na porta e un parque infantil.