FacebookTwitter

Restaurante Living Cocina Viva

Restaurante Living Cocina Viva

Living é unha proposta gastronómica moderna e de calidade baseada na súa paixón polo que fan: unha cociña diferente nun ambiente único e acolledor. Os seus pratos distínguense polo seu sabor e colorido, recuperando recordos da cociña tradicional galega sen esquecerse de recorrer a sabores da xeografía española, así como doutras partes do mundo.

Decoración moi persoal na que se mesturan antigüidades coas últimas tendencias do deseño, creando un ambiente diferente: acolledor e cálido.

Tratan con mimo o produto, privilexiando sempre o de tempada e mantendo unha carta apetecible e diferente, que se atopa en continua evolución.