FacebookTwitter

Casa Obdulia

Casa Obdulia

O restaurante Casa Obdulia de Vigo ofrece unha cociña de autor a base de produtos de proximidade de excelente calidade procedentes das lonxas da contorna. A súa clientela pode optar por diferentes propostas: menú do día con produtos de tempada no comedor da entrada ou menú de degustación ou á carta na planta superior.

O seu chef participou no libro "El Thyssen en el plato", proxecto do Museo Nacional Thyssen Bornenmiza, onde 25 grandes chefs plasmaron propostas culinarias para 25 cadros da colección do Museo.