FacebookTwitter

Café de Altamira

Café de Altamira

Café de Altamira é un espazo perfecto para gozar dos mellores sabores e ambiente en cada momento do día: deliciosos almorzos para comezar a xornada, aperitivos cando o pida o corpo, saborosas comidas e suxerentes ceas nun lugar que tamén invita a gozar dunha boa copa ao caer a noite. A vida bule no Café de Altamira cos ritmos que marcan o veciño mercado e as xentes que transitan as rúas empedradas do corazón de Compostela. O local aséntase nun lugar privilexiado na mesma Praza de Abastos, no que noutro tempo foron os xardíns do conde de Altamira. Hoxe o café ocupa o antigo Pazo de Altamira, no mesmo edificio do hotel ao que da nome.

Á fronte de Café de Altamira está un equipo de cociña marcado pola xuventude pero de traxectoria sólida, que gusta de combinar distintas influencias co mellor da gastronomía galega. O resultado son saborosos pratos cheos de personalidade, que rebordan tradición galega, cualidade e carácter propio, coma a vaixela de Sargadelos na que son servidos, máis tamén un toque de anovamento e experimentación para actualizar os sabores.