FacebookTwitter

Restaurante Esteban

Restaurante Esteban

En Sanguiñeda, Mos, atopamos o Restaurante Esteban, que elabora un tipo de cociña tradicional actualizada ou cociña de mercado: as súas receitas están enfocadas a resaltar a calidade do produto. En función da época do ano, atoparemos unha selección dos mellores peixes e mariscos das rías galegas, que se ofrecen á clientela cunha coidada elaboración e presentación. Orixinalidade nas elaboracións, sen perder de vista o protagonismo do sabor.

Conta cunha horta propia, na que recollen diariamente as verduras e hortalizas coas que elaboran os seus pratos.

Mención especial ás instalacións, unha señorial casa de pedra galega restaurada con toques vangardistas e bo gusto, que conta cunha agradable terraza.