FacebookTwitter

Restaurante Punta Cabalo

Restaurante Punta Cabalo
  • Restaurante Punta Cabalo
  • Punta Cabalo, s/n
    36626 Illa de Arousa (A) (Pontevedra)
  • 661122987

O restaurante está situado no interior do Faro, cun acolledor e pequeno comedor. No exterior poderemos gozar da terraza, sobre as rochas, pegados ao mar e cunhas vistas impresionantes.

Na súa carta atoparemos peixe e marisco de proximidade, coa frescura do día e procedente das lonxas dos arredores. Na carta de viños están representadas todas as denominacións de orixe protexidas de Galicia, con claro predominio dos albariños da D.O.P. Rías Baixas.