Detalle producto

FacebookTwitter

Robaliza

Robaliza
<p>A robaliza ten un corpo longo, ovalado e esvelto, cunhas aletas dorsais separadas e sen pintas. A cabeza é longa e a cor da súa pel prateada-gris no dorso, máis clara nos lados e branca no ventre. Ten unha boca enorme, de gran depredador. A súa época de reprodución vai dos meses de Nadal ata finais de marzo e pode chegar a medir ata un metro.</p> <p>Este peixe vive en todos os tipos de costa, preferindo os acantilados e rompentes, onde a auga ferve e arrinca da pedra crustáceos, moluscos e peixes. Vive nas costas e busca sempre as augas limpas e en corrente. Os exemplares novos de robaliza forman bancos. A técnica utilizada para capturar esta apreciada especie é o palangre con cebo vivo, patexo, con bolo, ao trasmallo ou á liña. Pódese pescar tamén ao curricán con cebos artificiais. Só cando se atopan bancos, as capturas son significativas.</p> <p>A robaliza é un luxo na cociña. Esixa a máxima frescura, pois é un peixe do día. A súa carne branca e compacta admite tantas preparacións como se desexe: asada, ao forno, grellada, á prancha. A finura da súa carne permite apostas atrevidas, como mariñala en cru; e, como non, tamén a pode probar en caldeirada, sen pasarse na cocción. Non ten desperdicio.</p>

Datos da especie

  • BSS
  • Nome científico: Dicentrarchus labrax
  • Nome galego: Robaliza
  • Nome castelán: Lubina o Róbalo
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Robaliza
36 cm

Tamaño mínimo: 36 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación