Lonxa de Lira

Lonxa de Lira

Lonxa xestionada pola Confraría de pescadores de Lira.

Conta coa certificación "pescadeRías¿de onde se non?" para primeira venda de cefalópodos e crustáceos e para a conxelación de polbo, xa que ten instalacións adecuadas, onde as mariscadoras encárganse de eviscerar, envasar e conxelar o polbo procedente das confrarías de Fisterra, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son, baixo a marca "polbo de lonxa". O distribuidor oficial deste produto conxelado é Pulponor S. Coop. Galega.

(Proxecto impulsado polo Grupo de Acción Costeira 4).

Datos de contacto

  • Confraría de Pescadores de Lira
  • Portocubelo, s/n - LIRA
    15292 Carnota
    A Coruña
  • Tfno: 981761164