Rocío Garrido Caramés, editora do gastroblog La Cocina de mi Abuelo, comparte con nós esta receita sinxela e rápida cun dos nosos mariscos máis emblemáticos. Unha saborosa preparación que podemos servir como entrante.
Preparación:
Prendemos o gratinador do forno.
Con coidado imos abrindo as navallas cun coitelo e as poñemos nunha bandexa de forno. Cando as teñamos abertas engadimos por encima delas un pouco de xamón serrano cortado en anacos pequenos, moemos un pouco de pementa e relamos un pouco do queixo San Simón Dacosta. Por último, aliñamos cunhas gotas de aceite de oliva.
Metemos a bandexa no forno na parte media uns 10 minutos, así a medida que gratine as navallas tamén se asaran.
Sacamos do forno, picamos unhas follas de menta por riba e servimos quente.