Focaccia de raia

FacebookTwitter
Focaccia de raia
INGREDIENTES

Ingredientes para catro persoas:

  • Fariña 440 g
  • Auga 200 ml
  • Levadura química 16 g
  • Azucre 16 g
  • Mel 8 g
  • Sal
  • Ourego
  • Raia (xa limpa) 240 g
  • Queixo para fundir 100 g
  • Salsa de tomate 100 g

O Restaurante Ruta Jacobea proponos esta receita como alternativa á clásica pizza, coa raia como protagonista.

Elaboración:

Elaborar a masa para a focaccia misturando os sete primeiros ingredientes e deixala repousar media hora. Dispoñer sobre a masa estirada o tomate, o queixo e o peixe limpo e fileteado, e fornear vinte minutos a 180 º C.