Allobranco con ourizo de mar

FacebookTwitter
Allobranco con ourizo de mar
INGREDIENTES
  • 3 ourizos de mar, frescos e limpos (so a gónada)
  • 100 g de améndoa pelada
  • 500 g de miolo de pan
  • 3 dentes de allo
  • Medio litro de auga
  • 25 g de vinagre de viño que non sexa moi forte
  • 25 g de aceite de oliva virxe
  • Kimchi (para decoración)
  • Sal

Da man de Daniel Pulzoni, profesor de cociña do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, chéganos esta receita dun tradicional allobranco acompañado con ourizo de mar, que lle da un contraste perfecto de sabor e textura. 

                                                                               

Introducimos todos os ingredientes, excepto o aceite, o ourizo e o kimchi durante unas 12 horas no frigorífico.

Trituramos a améndoa, o miolo de pan e o allo co vinagre e a auga, e imos engadíndolle o aceite para que emulsione, ata obter unha crema densa.

Pasamos por unha peneira e rectificamos o sal.

Empratamos acompañando co ourizo cru e decoramos cunhas pingas de kimchi.

Servir moi frío.