pescadeRías, de onde se non? no Canal Rías Baixas

pescadeRías

Deixámosvos aquí as reportaxes do selo pescadeRías, de onde se non? emitidas no programa Verán, Verán, do Canal Rías Baixas.

 

 

 

 

Antonio Pérez Lafuente, conserva galega con garantía de orixe e sustentabilidade
Pasamos unha mañá na fábrica de Conservas Antonio Pérez Lafuente, en Vilanova de Arousa, onde puidemos coñecer de primeira man o traballo da elaboración de conserva de xoubiña, e a aposta polo produto local e a sustentabilidade desta empresa.

Vieira certificada, disponible todo o ano
Estivemos con Mar Ambroa, xerente da empresa Porto de Cambados S.L., que nos explicou o proceso de extracción, evisceración e comercialización da vieira. Ademais, Marta Bugallo, da Peixería Mar de Arousa, en Vilagarcía, ofreceunos o punto de vista do minorista e a opinión da súa clientela sobre esta xoia das nosas rías.

Variedade e calidade na Lonxa de Cangas
Cunha visita á Lonxa de Cangas podemos coñecer toda a gama de produtos da pesca artesanal que se están a comercializar hoxe en día en Galicia: peixes que están presentes en todas as casas, como a pescada ou o xurelo; produtos emblemáticos extraídos nas inmediacións das Illas Cíes, como a navalla e o percebe, ou especies de recente explotación nas augas galegas, como a anémona.

Yayo Daporta, o mar en bandexa
Visitamos a Yayo Daporta no seu restaurante de Cambados, onde nos sorprendeu con dúas receitas espectaculares: ademáis dunha reinterpretación da vieira ao forno, Yayo púxonos o mar en bandexa… non damos máis pistas, mellor velo.

Obradoiro Fresco, fresquísimo!
Coincidindo coa Festa do Polbo de Bueu, celebramos un obradoiro na lonxa e praza desta localidade, para aprender a diferenciar a frescura dos produtos da pesca artesanal galega.

As Lonxas de Rianxo, Aguiño e Portonovo presentan os seus produtos estrela
Ameixas e sardiñas en Rianxo, percebes en Aguiño, pintos, xurelos ou pescadas en Portonovo… visitamos tres das lonxas onde se poñen á primeira venda os produtos certificados da pesca artesanal galega.

Nas prazas de abastos, produto pescadeRías, de onde se non?
Un percorrido polas prazas de abastos das Rías Baixas permítenos atopar os peixes e mariscos da pesca artesanal. Produtos da pesca local, coa maior frescura e calidade, moitos deles aínda vivos no momento de levalos para a casa.

Depurando moluscos co selo pescadeRías, de onde se non?
Visitamos as depuradoras Mariscos Malliño e José Mª Daporta e Hijos, onde podemos ver o proceso de depuración dos moluscos e o control de trazabilidade.

Xurelos escabechados, receita de aproveitamento
Da man de Alberto Serantes, cociñeiro do Parador de Cambados, chéganos esta receita dun escabeche un pouquiño diferente do habitual, para preparar uns xurelos de campionato.

Con Pepe Solla, cociñando sen lume
Pepe Solla recíbenos no xardín do seu restaurante para ofrecernos unha receita de xurelos moi especial: lañados e listos para consumir en frío.