Tartar de xarda con mango e sésamo

FacebookTwitter
Tartar de xarda
INGREDIENTES
  • 5 xardas
  • 3 culleres de salsa de soia
  • 2 culleres de aceite de sésamo
  • 1 culler de aceite de oliva
  • 1 culler pequena de wasabi
  • 1 culler de sésamo
  • Reladura de medio limón
  • 2 culleres de zume de limón
  • ½ culleres pequenas de xenxibre relado
  • ½ cebola pequena
  • Sal
  • 1 mango
  • 1 aguacate

Desespiñamos as xardas e, cun coitelo ben afiado, cortamos o peixe en anacos moi pequenos;  salgamos lixeiramente.

Nun bol grande poñemos a soia, os aceites, o wasabi, o zume de limón, a reladura de limón e de xenxibre, mesturamos todo ben e engadimos o peixe. Volvemos a mesturar ben.

Picamos a cebola fina, pelamos o mango e cortámolo tamén fino..

Pelamos o aguacate, cortámolo en anacos e poñémolo nun bol co zume de limón, un par de culleres de aceite e sal.

Antes de montar o prato, mesturamos o mango e a cebola co tartar. Cun aro de empratar, ou coa axuda de dúas culleres, poñemos primeiro unha capa de aguacate e enriba o tartar.

Noa Seijo, profesora do CPR Belarmino Fernández Iglesias de Sober, achéganos esta elaboración de xarda con aires orientais. Unha receita apta para principiantes na cociña, e que nos deixará un sabor de boca moi fresco.