Royal de ourizos

FacebookTwitter
Royal de ourizos
INGREDIENTES

Para a royal

  • 100 gramos de nata
  • 1 lata de caviar de ourizos
  • 50 gramos de leite
  • 1 xema de ovo
  • 1 ovo
  • Sal
  • Pementa negra

Outros ingredientes

  • 1 ourizo de mar fresco
  • Alga codium
  • 1 mazá GrannySmith
  • Azucre
  • Zume de un 1 limón
  • Aceite de oliva

Este prato foi elaborado pola cociñeira ourensá Enma Pinal, do Gastrobar O Birrán de Ribadavia, durante unha mostra de cociña en directo a última edición doSalón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR 2020.

Preparación: 
Mesturar todos os ingredientes da royal coa axuda dunha turmix e verter en cuncas.
Abrir e limpar o ourizo. Extraer con coidado as xemas e reservar.
Cortar á brunoise a mazá e regala co zume do limón, aceite de oliva e unha cullerada de moca de azucre e metela nun recipiente pechado ao microondas durante 3 minutos. Reservar.
Meter as cuncas coa mestura da royal no forno ao vapor durante 10 minutos. Sacar do forno e deixar atemperar durante uns minutos.
Decorar a royal coas xemas de ourizo, a compota de mazá ao microondas e uns cachiños de algas codium.