Paté de centolo

FacebookTwitter
Paté de centolo
INGREDIENTES
  • 1 centolo de 1 Kg
  • 2 ovos cocidos
  • 6 mexillóns cocidos
  • 6 anchoas
  • 100 g de lagostinos cocidos
  • 4 culleradas de maionesa
  • Laurel
  • Sal

Introdución

Viví Taboada, a quen seguimos a través do seu blogue “Ó carón da lareira”  comparte connosco esta estupenda receita tan axeitada para o Nadal: “Se queres sorprender aos teus invitados nestas festas cun aperitivo orixinal, podes facer este paté, é moi fácil de preparar e seguro que chegará a pouco”

Elaboración:

Poñemos unha pota grande ao lume con bastante auga cubrindo o centolo, engadímoslle sal e unhas follas de loureiro. Cando empece a ferver deixamos cocer 10 minutos. Pasado ese tempo sacamos o centolo, escurrímolo ben e deixámolo arrefriar; sacamos toda a carne do centolo incluída a das patas, limpamos o caparazón e reservamos.

Lavamos e retiramos o sal das anchoas, reservamos.

Poñemos a carne do centolo co resto de ingredientes, trituramos todo xunto ata obter unha crema homoxénea. Enchemos o caparazón coa mestura e servímolo con pan ou tostas.