Sinxela e elegante. Marco e Ana, do blog lacocinaesvida.com , achégannos esta proposta orixinal e apetitosa que non deixará a ninguén indiferente. Moitas grazas!!
Preparación:
Cocemos as patacas con pel en auga salgada xunto co loureiro durante 20 minutos. Mentres se cocen, poñemos auga salgada (40 g de sal por litro de auga) a ferver onde botamos os percebes. Os retiramos unha vez que volvan a ferver pasado un minuto. Pelámolos e reservamos.
Para facer a presentación, cortamos 3 rodas de pataca de medio cm de grosor por prato. Poñemos encima unhas algas, un par de percebes e botamos a pementa (opcional) e un fío de aceite. Esta ensalada gaña en sabor se a servimos temperada.