Vostede está aquí

Empresas asociadas

Poden ser usuarios da marca de garantía de calidade pescadeRías ¿de onde se non? todos os operadores da cadea de produción e comercialización de produtos da pesca e do marisqueo, vivos, frescos, preparados, ou transformados, sempre que as súas instalacións estean dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, cumpran os demais requisitos recollidos no regulamento da marca, e conclúan satisfactoriamente o proceso de certificación como usuarios/as da marca.

Temos seis tipos de usuarios:

  • Lonxas e centro de primeira venda autorizados
  • Centros de depuración / expedición
  • Cetarias de marisco
  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo
  • Empresas de transformación
  • Restaurantes

Para que o produto certificado non perda a súa marca de garantía de calidade, todos os operadores que interveñan na súa preparación, comercialización e transformación deberán estar certificados.