Vostede está aquí

Distribuidores

Inclúense neste grupo todas aquelas empresas dedicadas á compra-venda de produtos pesqueiros.

Por estes operadores pasan tanto peixes e crustáceos adquiridos na primeira venda como outros produtos da pesca e o marisqueo procedentes das depuradoras ou as cetarias.

Nas súas instalacións o produto acondicionase e disponse en lotes axeitados para cada un dos seus clientes, separándoo por tamaño, especie, etc. e para a súa distribución e venda polo miúdo.