FacebookTwitter

Solleiros

Solleiros

Ana Portals inicia o seu proxecto máis persoal cun modelo sorprendente, costumista, alegre. Solleiros, un espazo gastronómico de concepto aberto e produción artesanal situado no Hotel Gastronómico San Miguel, en Santiago de Compostela.

Unha nova concepción dun espazo de encontro culinario que quere chegar a todos os padais, os máis exquisitos e os namorados dos produtos da terra. A produción artesanal e o concepto de cociña aberta son as esencias dunha primeira aproximación ao ritmo que harmoniza Solleiros.