Restaurante A Curtidoría

Restaurante A Curtidoría

Gozade dunha fantástica velada nun dos lugares máis emblemáticos no corazón de Compostela.

Unha casa do século dezanove, minimalismo intelixentemente conxugado coa estrutura orixinal, un salón privado que nos lembra ao art-decó, un moble chinés antigo en vermello e negro... paredes con papel pintado comprado nunha feira de Lisboa e restaurado para a ocasión. Chan de pinotea traído de Rusia, lámpadas vermellas...

En definitiva fantasía e tamén arte culinaria.

Datos de contacto