Frinsa del Noroeste, S.A.

Frinsa del Noroeste, S.A.

Actualmente a súa principal actividade é a fabricación de conservas de túnidos, peixes, cefalópodos, mariscos e ensaladas. Especializada en conservas de túnidos (atún).

Con sete factorías no Polígono Industrial de Xarás onde desenvolve todas as súas actividades.

As súas vendas son ao mercado nacional e estranxeiro, con delegacións de vendas e compras en varios países.

Actualmente é unha sociedade familiar. O seu creador é Ramiro Carregal Rei, actualmente Presidente, e o seu CEO Jorge Carregal Varela.

O 27 de Setembro de 2011 cumpriu o 50º aniversario da súa fundación. O Concello de Ribeira, polo labor social, cultural e deportiva, concedeulle unha estatua do símbolo de Ribeira, dedicado a Frinsa e ao seu creador Ramiro Carregal Rei na Praza de España, onde Frinsa iniciou as súas actividades. E no Polígono Industrial de Xarás, onde Frinsa ten actualmente as súas instalacións, dedicou ao seu Presidente a Avenida Ramiro Carregal Rei.

Datos de contacto

  • Frinsa del Noroeste, S.A.
  • Av. Ramiro Carregal Rey, p. 29. Polígono Industrial de Xarás
    15960 Ribeira
    A Coruña
  • Tfno: 981835005
  • Fax: 981835004
  • Páxina web: www.frinsa.es