Sardiñas pescadeRías con ensalada morna

FacebookTwitter
Sardiñas pescadeRías con ensalada morna
INGREDIENTES
  • 2 latas de sardiñas pescadeRías en aceite de oliva
  • 1 lata de pementos bicudos
  • 1 lata pequena de olivas negras
  • 2 dentes de allo.
  • leituga
  • aceite de oliva
  • herbas provenzais e sal

Nunha cazola de barro poñemos a dourar un par de dentes de allo en aceite de oliva. A continuación abrimos a lata de pementos bicudos, salgámolos e incorporámolos á cazola. Deixamos cocer durante dez minutos a lume lento e reservámolos. Nunha fonte, imos colocando con coidado as sardiñas pescadeRías, os pementos, a leituga e as olivas negras de forma decorativa. Aderezamos a leituga.