Arroz con chocos de Redondela

FacebookTwitter
Arroz con chocos de Redondela
INGREDIENTES
  • 12 chocos pescadeRías con tinta
  • 1/2 kg. de arroz bomba
  • 2 cabezas de peixe
  • 1 cenoria
  • 1 allo porro
  • 2 cebolas
  • 3 dentes de allo
  • 1 vaso de viño branco
  • ½ pemento verde
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

Unha receita tradicional e deliciosa: o arroz negro con chocos pescadeRías de Redondela. A súa peculiar cor e o seu profundo sabor a mar non deixarán indiferente a ninguén.

Elaboración

En primeiro lugar prepararemos un caldo ou fumet de peixe, unha hora antes de empezar coa receita. Para iso picamos finos o allo porro e a cenoria e cocémolos nun litro de auga, xunto coas dúas cabezas de peixe, durante unha hora. Unha vez feito, coámolo e reservámolo.

Antes de empezar a cociñar limpamos ben os chocos pescadeRías, e se son grandes podemos cortalos en anacos. Reservámoslles a tinta e deixámolos nun recipiente mentres empezamos coa receita.

Nunha cazola para paella ou de barro, rustrimos o allo, as cebolas, o pemento e o perexil picados moi finos nun chorro de aceite de oliva virxe extra. Cando a cebola empece a transparentar engadimos os chocos pescadeRías e refogamos durante uns minutos. A continuación agregamos o viño branco e deixamos que se faga durante uns cinco minutos. Cando reduza engadimos o caldo de peixe que temos reservado e sal ao gusto.

O próximo paso será engadir a tinta, e para iso teremos que comprobar que a carne do choco pescadeRías empeza a estar branda. Se o está, engadímola, removemos e, seguidamente, incorporamos o arroz. Cociñamos a lume lento uns 15 minutos e, cando estea listo, retirámolo do lume e deixamos que repouse cinco minutos máis.