Sardiñas pescadeRías, ñoquis de queixo de cabra, salmorexo de remolacha e pistacho

FacebookTwitter
Sardiñas pescadeRías, ñoquis de queixo de cabra, salmorexo de remolacha e pistacho
INGREDIENTES
  • 1 lata de sardiñas pescadeRías en aceite de oliva

 

Ñoquis de queixo de cabra

  • 150 gr queixo de cabra
  • 80 gr. de nata
  • 2 follas de xelatina
  • 80 gr nata semimontada
  • Salmorexo de remolacha
  • 300 grremolacha
  • 100 graceite de oliva
  • 50 grvinagre
  • 80 grpan
  • c/n sal

 

Praliné de pistachos

  • 60 gr pistachos
  • 40 gr alcaparras
  • 50 gr aceite de oliva
  • Pipas de cabaza
  • 20 gr pipas de cabaza
  • 200 gr aceite de oliva

Ñoquis de queixo de cabra

Quentar o queixo de cabra xunto coa nata. Triturar. Hidratar as colas de peixe e engadilas á mestura. Engadir a nata semimontada cando estea a 50 ºC. Colocar en manga e reservar.

Salmorexo de remolacha
Triturar a remolacha na Thermomix co vinagre e o pan. Agregar pouco a pouco o aceite ata emulsionar o salmorexo. Sazonar, coar e reservar.

Praliné de pistachos
Colocar na Thermomix os pistachos e as alcaparras. Triturar. Agregar o aceite pouco a pouco ata obter unha textura uniforme. Coar e reservar.

Pipas de cabaza
Colocar nun cazo o aceite da oliva a 190 ºC. Fritir as pipas (que non queden marróns). Colocar nunha platina con papel. Reservar.