Xurelo do mediterráneo

Corpo aplanado lateralmente. As escamas da liña lateral son máis pequenas que as do xurelo, entre 75-89. A cor é escura (gris-verde-azulada) no dorso e prateada no ventre, cunha pequena mancha negra na parte superior do opérculo branquial. A talla habitual é de 25-30 cm de lonxitude, aínda que pode acadar os 50 cm.
É de hábitos máis costeiros que o xurelo e capaz de tolerar augas de baixa salinidade. O período reproductor é nos meses de verán. É unha especie abundante e típica do Mediterráneo. A súa distribución no Atlántico, exténdese dende o Golfo de Biscaia ata Mauritania.
Datos da especie
- Código FAO: HMM
- Nome científico:Trachurus mediterraneus
- Nome galego: Xurelo do mediterráneo
- Nome castelán: Jurel mediterráneo
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 15 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal