Trancho

Corpo ovalado e lixeiramente comprimido, cunha quilla de escamas ben desenvolvida ao longo do ventre. A mandíbula inferior é algo máis longa que a superior.A cor do dorso é verde azulada e o ventre prateado. A lonxitude máxima é de 16 cm.
Vive preto da costa e é capaz de tolerar augas de salinidade moi variable. É unha especie propia de augas frías e realiza importantes migracións. Aliméntase de crustáceos planctónicos O período reproducto varía segundo a área xeográfica. Nas costas atlánticas localízase entre o Mar do Norte e Marrocos e no Mediterráneo septentrional.
Comercialízase en fresco, conserva, en aceite, etc. As capturas son relativamente escasas e péscase como acompañante da sardiña e bocarte.
Datos da especie
- Código FAO: SPR
- Nome científico:Sprattus sprattus
- Nome galego: Trancho
- Nome castelán: Espadín
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 11 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal